NÓ

NÓ
Peza para teatros e auditorios
Estrea 18 de febreiro de 2022 ás 20.30h | Auditorio Gabriel García Márquez, Concello de Oleiros
“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é”
Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea.
NÓ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a decontrucción de xénero e a conciencia de clase.
O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada. Elahood continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto e a voz.
Onde reside a importancia do importante?
Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso?
NÓ é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.
Dirección: Sabela Domínguez, Julia Laport e Kenrick Sandy
Coreografía: Sabela Domínguez, Julia Laport e Aina Lanas
Dramaturxia: Gena Baamonde e ELAHOOD
Interpretación: Julia Laport e Sabela Domínguez
Espazo sonoro: LLXNTO e Bruno Baw
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Escenografía e atrezzo: Anahí Taraburelli
Audiovisual: Iria Casal
Produción: Sabela Ramos e Elahood
Acompañamento na xestión: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Unha co-produción entre o Centro Coreográfico Galego | Agadic e Elahood
Co apoio do Concello de Oleiros e a Asociación Cultural Manicómicos