top of page

COLECTIVO D'ELAS

IMG-20210823-WA0063.jpg

D'elas é un colectivo de danza integrado por oito xoves artistas emerxentes galegues (Andrea Castro, Eloi García, Martín Sanjurjo, Myriam González, Nerea Balado e Noelia Mato) e dirixido por Julia Laport e Sabela Domínguez. Xuntanse en setembro do 2020 pola necesidade de desenvolver a través da colectividade, de crear pontes entre artistas do movemento, e de levar as linguaxes das danzas urbanas a escena.

Unha gran fisicalidade, a personalidade das intérpretes, imaxes cautivadoras que se conxugan a través dunha estética visual, e un espazo sonoro que combina diferentes rítmos cheos de contrastes, caracterizan a creación de D’elas. A improvisación está moi presente no seu proceso creativo e no seu traballo converxen técnicas de danza urbana, danza contemporánea, teatro e acrobacia.

Os membros do colectivo, todes residentes na provincia da Coruña, proveñen de diferentes ámbitos, entre os que destacan o House dance, o Waacking, a danza contemporánea, o Hip hop e o Popping.

D'elas representa a resistencia. Nun contexto social e cultural onde xuntar un grupo tan grande de artistas nun proxecto profesional resulta case utópico, este colectivo atopa a súa potencialidade na
unión e na forza conxunta. Aposta pola creación dunha peza de medio formato a través dos corpos de seis bailarinxs, que atenden á realidade creativa actual do noso entorno.

 

  • Instagram
b22d4d2c-3a3c-423e-a967-8d6c0ac7f934.JPG

OCCO

Non sempre é chegar e encher, ás veces é chegar e baleirar. Pero aínda
despois de sacar todo, ese baleiro segue pesando. É algo que sempre
nos acompaña ou desaparece cando deixamos de mirar?

Occo é a primeira creación do colectivo D'elas, unha peza de medio formato para rúa ou espazos non convencionais. Trátase da posta en movemento do baleiro a través das experiencias persoais das intérpretes, mediante algunhas das múltiples acepcións que presenta este concepto, dende o baleiro existencial, o encherse de valor ou o baleirarse para poder voltar a encherse; ata un reflexo da sociedade onde canto máis se enche un lado do mundo máis se baleira o outro.

bottom of page